De que trata?

De construir historias a través de distintas disciplinas artísticas: cinema, teatro, literatura, danza (ritmos urbanos), plástica.

Con que obxecto?

Co de crear unha plataforma xuvenil en torno á cultura e a creatividade onde os mozos/as teñan a súa voz, tomen decisións, intercambien opinións, se fagan preguntas e fomenten o espíritu crítico.

Cal é a meta?

O proceso de creación das historias, deste xeito, pasa a ser tamén unha traxectoria de desenvolvemento persoal, así como unha aprendizaxe colectiva.

Como vai ser o funcionamento?

A partires desta plataforma interactiva estableceranse os grupos de traballo para desenvolver as accións. As accións terán unha periodicidade quincenal e cada mes sairá un producto, que será unha historia. Ao final da tempada haberá un festival cultural interdisciplinar no que se presentarán todas as historias realizadas.

Eventos destacados

Os profesores

Novas

Novas