MÉRCORES 18 de DECEMBRO de 2024

Persoas participantes: Ana Mendoza, Xabier Bruña, Hugo Barredo, Raquel
Carreira e Gonzalo Perales por parte de APENFOGA; Patricia
González, Pedro Rial, Carolina García, Beatriz Regueiro e Xaime
Iglesias por parte do COETFG.

Desenvolvemento: o mécores 18 de decembro de 2024, de forma telemática
(vía Zoom) entre as 19:00h e as 20:30h celebrouse unha xuntanza cos
seguintes puntos entre representantes da Asociación Profesional de
Enxeñería Forestal da Xunta de Galicia (APENFOGA) e do Colexio Oficial
da Enxeñería Técnica Forestal de Galicia (COETFG), tratáronse as
seguintes cuestións:
1) Presentación das entidades presentes: de forma breve realizouse unha
presentación das entidades presentes así como das persoas
participantes.
2) Elementos en común. As persoas presentes valoramos positivamente
os puntos en común acordados na primeira xuntanza de xullo e
incorporamos un máis (en verde). A lista (non definitiva) de elementos
comúns é a seguinte:
 Dignificar a profesión de Enxeñería Forestal
 Establecer puntos de encontro para falar de cuestións da profesión.
 Realizar formación conxunta sobre aspectos comúns.
 Detectar disfuncións entre o ámbito público e privado e propor melloras.
 Sumar esforzos entre colectivos con intereses e obxectivos comúns.
 Difusión e divulgación do que representa a enxeñería forestal e do que é
o medio forestal no marco ambiental e da ordenación do territorio.
 Seguimento e revisión da presenza da enxeñería forestal das RPT ́s na
administración pública vinculada ao territorio galego.
3) Propostas de traballo conxunto. En base aos obxectivos comúns
realizamos as seguintes propostas de traballo conxunto, ampliando e
temporalizando (en verde) o xa falado na primeira xuntanza:
 Crear unha unidade común de traballo (plataforma, comité, . . .) entre as
organizacións con obxectivos en común. A maiores das dúas organizacións
presentes, habería que incorporar ao colexio de montes e as universidades
(escolas de enxeñería forestal das UVigo e USC). Primeiro trimestre 2025.
COETFG encárgase de falar coas escolas. Gonzalo Perales fala co colexio
de montes.
 Preparar un posible programa de formación conxunta con intereses
conxuntos e iniciar o seu desenvolvemento por distintas vías (incluída a
posible petición de colaboración coa EGAP, AGACAL, escolas
universitarias). Elaborar unha lista de xornadas de formación e priorización
(primeiro trimestre 2025) para buscar financiamento (segundo trimestre
2025) e desenvolver algunha actividade formativa conxunta (segundo
semestre do 2026).

 Realizar un día da Enxeñería Forestal na que se realizara unha xornada
ou obradoiros formativos sobre temas específicos da profesión e que
rematara cun encontro gastronómico. Buscar un día de referencia no grupo
de traballo de enxeñería forestal.
 Apostar pola difusión en redes de aspectos clave da profesión de forma
comprensible para toda a sociedade de xeito que poidamos explicar o que
facemos e porqué o facemos (poñer en valor a enxeñería forestal que ten
relevancia na xestión de 2/3 partes do territorio galego). Cada unha desde a
súa organización. Referenciar desde cada web as distintas organizacións que
traballan na enxeñería forestal. Reforzar difusión en redes contido enxeñería
forestal. Acción conxunta nalgúns momentos. Acordar un hastag (etiqueta
redes) común para as publicacións que se fagan vinculada á enxeñería
forestal.
 Comezar a traballar de forma informal para ver como evoluciona a
colaboración conxunta e ao mesmo tempo preparar un posible convenio de
colaboración (que detalle por escrito as cuestións que imos desenvolver en
común). Valorar posibilidade dun documento de adhesión á futura
plataforma/comité de enxeñería forestal.
 A medio prazo buscar un termo que nos represente a todos/as e que
poidamos empregalo como presentación conxunta de cara á sociedade. Na
actualidade está o termo Enxeñería Forestal pero habería que estudar a
posibilidade dalgún outro no que a totalidade de entidades se sentira
representada (Outras propostas podería ser: Enxeñería do Medio Natural,
Enxeñería Ambiental, Enxeñería do Monte, . . .). Pechar termo na xuntanza
da plataforma/comité do primeiro trimestre 2025.
4) Seguimento destes encontros. O COETFG que ten un local en Santiago
con infraestrutura para xuntanzas telemáticas ou mixtas e tamén
dispón de licencia do programa ZOOM para actividades telemática coa
presenza de moitas persoas conectadas, brinda a súa infraestrutura
para a celebración dos vindeiros encontros.
Acórdase priorizar a telexuntanza no primeiro trimestre do 2025 coas
distintas entidades que están a traballar na enxeñería forestal en
Galicia, sendo este o vindeiro encontro programado.