NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 13 de XANEIRO de 2025
Persoas participantes: Raquel Carreira, Ana Mendoza, Gonzalo Perales,
Hugo Barredo, Carmen Seco, Santiago Fraga e Xabier Bruña.
Escusan asistencia: Javier Cordal.
Desenvolvemento: o luns 13 de xaneiro de 2025 entre as 21:00 h e as 23:00 h
celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e tratáronse os seguintes puntos:
1) Escrito de dimisión da presidenta. Ana Mendoza presentou a súa renuncia o 7 de xaneiro de 2025 por motivos persoais e dá conta aos asistentes das causas.
2) Escrito enviado a Función Pública. O día 2 de xaneiro de 2005 enviouse por correo electrónico escrito a Función Pública. Acórdase
compartir coas persoas asociadas o escrito xunto a cronoloxía da súa elaboración.
3) Convocatoria asemblea extraordinaria. Ante os escritos de queixa de algunhas persoas asociadas polo escrito anterior e a necesidade de renovar a presidencia da asociación convocarase en breve unha asemblea extraordinaria presencial para dar conta do traballo desenvolvido, a forma de proceder e buscar o camiño a seguir no futuro. Ao mesmo tempo daráselle unha contestación individualizada as persoas que presentaron as queixas.
Quedamos emprazados para a vindeira telexuntanza o luns 27 de xaneiro de
2025 ás 21h.
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 27 de XANEIRO de 2025
Persoas participantes: Raquel Carreira, Gonzalo Perales, Hugo Barredo,
Carmen Seco e Xabier Bruña.
Escusan asistencia: Ana Mendoza, Javier Cordal.
Desenvolvemento: o luns 27 de xaneiro de 2025 entre as 21:00 h e as 22:15 h
celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e tratáronse os seguintes puntos:
1) Boletín informativo persoas socias. Enviouse boletín extraordinario ás persoas socias sobre os últimos acontecementos. Ao mesmo tempo
contestouse a petición de varias persoas socias.
2) Convocatoria asemblea extraordinaria. Acórdase celebrar a asemblea extraordinaria o sábado 22 de febreiro en Santiago de Compostela con dous puntos da orde do día (situación xerada co estrito enviado a
Función Pública e camiño a seguir pola asociación en adiante).
Carmen Seco encárgase de buscar local (posibilidade de Cersia ou algún local social do concello). No caso de que non se poidera celebrar o sábado por disponibilidade de locais, optaríase por un venres pola
tarde.
3) Tarefas grupo de traballo de Difusión e Redes. Fixéronse varias publicacións (un vídeo de propiedade forestal e unha última entrada
dos IOXF). En canto á web, séguese avanzando no deseño coa empresa.
4) Outras cuestións. Tratáronse os seguintes temas:
• O mércores 18 de decembro ás 19h tivemos xuntanza telemática (vía Zoom) co Colexio de Enxería Técnica Forestal de Galicia.
Asistiron: Ana Mendoza, Gonzalo Perales, Xabier Bruña e Raquel Carreira. Enviouse resumo da xuntanza cos acordos acadados.
• Ante a saída do plan de formación e transferencia de AGACAL
para 2025 estudarase a posibilidade de solicitar algún curso formativo de asesores forestais. Xabier Bruña queda pendente de
facer as xestións para ver a viabilidade para este ano.
Quedamos emprazados para a vindeira telexuntanza o luns 10 de febreiro de
2025 ás 21h.
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 24 de MARZO de 2025
Pesoas participantes: Raquel Carreira, Ana Mendoza, Hugo Barredo, Gonzalo Perales, María José Alberte, Carmen Seco e Xabier Bruña.
Escusan asistencia: Javier Cordal.
Desenvolvemento: o luns 24 de marzo de 2025 entre as 21:00 h e as 22:15 h celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e tratáronse os seguintes puntos:
1) Intendencia teleasemblea 26 marzo. Enviouse convocatoria de teleasemblea a máis de 300 correos. A maiores compartiuse nos grupos de Whatssap. Queda pendente facer fincapé na difusión de grupos de montes e medio ambiente.
Acordamos realizar o seguinte reparto: Xabier Bruña exercerá de moderador. A presentación da asociación faraa Gonzalo Perales. A presentación web, Raquel Carreira apoiada por Carmen Seco e Hugo Barredo. Farase os seguintes anuncios: renovación parcial do Consello Directivo, documento sobre Altri e situación devolución salarios folga. Remataremos cunha rolda libre de intervencións.
2) Nova páxina web. A empresa Nomenklaturas xunto ao grupo de traballo de redes fixeron un esforzo para ter rematada a estrutura. Presentarase na teleasemblea de marzo e tentarase ter pechada no mes de marzo. Apróbase facer o pago da factura do servizo no mes de abril.
3) Redes. Hugo Barredo comenta que se fixo un par de entradas en formato video nas redes. Un primeiro sobre instrumentos de ordenación ou xestión foretal e outro sobre o día dos bosques. Tentarase seguir nesta liña audiovisual.
4) Outras cuestións. Tratáronse as seguintes cuestións:
Facer públicas (a través da web) as achegas a distintas cuestións que se fagan desde a asociación a excepción das achegas ás RPT´s.
Decídese preparar un documento de pronunciamento sobre Altri que se enviará ás persoas socias para incorporar as achegas e que se someterá a votación na vindeira teleasemblea (que se convocará a todas as persoas socias). Inicialmente quedan encargadas Marisé, Raquel Carreira e Gonzalo Perales. Abrirase este grupo de traballo ás persoas que se queiran incorporar da teleasemblea do día 26.
Óscar Prada de SEO Birlife contactou coa asociación a través de Xabier Bruña para unha posible colaboración vinculada á custodia do territorio e xeración de normativa específica en Galicia a través dun proxecto Life. Enviará a documentación concreta do proxecto
O COETFOGA contactou coas universidades (escolas de forestais/montes de Pontevedra e Lugo) para a posible plataforma da enxeñería forestal confirmando nos dous casos a interese por participar. Está pendente de fixar a data desa xuntanza.
Quedamos emprazados para a vindeira telexuntanza o luns 7 de abril de 2025 ás 21h.