NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 4 DE MARZO DE 2024
Persoas participantes: Raquel Carreira, Javier Cordal, Marco Antonio Reboredo, Marisé Alberte, Ramón Recaman, Ana Mendoza, Gonzalo Perales, Carme Seco, Xabier Bruña, Santiago Fraga, Carmen Quiñones, Hugo Barredo
Desenvolvemento: o luns 4 de marzo entre as 20:00h e as 22:30h celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e tratáronse os seguintes puntos:
1) Modificación estatutos: desde a semana pasada está presentada a modificación
dos estatutos coas emendas que indicaron en relación ao domicilio e á disolución.
Faltaría a Resolución da dirección xeral de Relacións Laborais e a publicación en
DOG.
2) Pasos a seguir:
– Abrir un prazo para incorporar novas persoas socias.
– Convocar asemblea para elixir unha nova directiva.
Acordos:
a) Enviar correo electrónico a todos os que reúnan os requisitos para asociarse.
b) Convocar unha teleasemblea o xoves 21 de marzo ás 20:00 (notificándoa
sobre o 11 de marzo, en función da aprobación e publicación da modificación
dos estatutos)
a) e b) para informar da modificación dos estatutos, da apertura do prazo para
novas solicitudes e do procedemento para elixir a nova directiva.
c) Convocar unha asemblea física en Silleda o sábado 27 de abril ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 en segunda, para a elección da nova directiva e definir liñas de actuación da asociación. Inclúe comida ;).
d) Propor unha cota anual de 50 € que haberá que aprobar na primeira asemblea.
Tarefas:
i. Recompilar correos electrónicos de todos os que reúnan os requisitos para asociarse.
Javier Cordal: A Coruña
Santiago Fraga: Lugo
Marisé Alberte: Ourense
Carmen Quiñones: Pontevedra
Gonzalo Perales: Servizos Centrais
Carmen Seco: Escolas Agacal
ii. Envío dos correos dende a conta de Apenfoga: Javier Cordal
iii. Cartel teleasemblea: Xabier Bruña
iv. Texto do comunicado: Raquel Carreira
v. Modelo de solicitude de ingreso na asociación: Javier Cordal
vi. Dispoñibilidade de sala na casa da cultura de Silleda e restaurante: Marco
Reboredo
ASOCIACIÓN PROFESIONAL ENXEÑERÍA FORESTAL DA XUNTA DE GALICIA – APENFOGA
3) Configuración Consello Directivo. Hai que pensar en configurar as persoas que
formen o Consello Directivo. Na medida do posible debería ter unha composición equilibrada en canto a territorios (ter representación de todas as provincias e servizos centrais), desempeños profesionais (consellería medio ambiente, medio rural, distritos, servizos provinciais), escalas (A1 e A2) e
xénero.
4) Outras cuestións.
– Proponse separar os negociadores da asociación en cada sindicato da directiva pero coordinados.
– Comentamos a necesidade de definir as prioridades da asociación. En especial dar a coñecer o traballo da profesión e defender as RPT en coordinación cos sindicatos para non perder máis prazas, todo na liña do
escrito enviado en 2023 á Administración.
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 5 de MARZO de 2024
Persoas participantes: Raquel Carreira, Javier Cordal, Marisé,
Gonzalo Perales, Carmen Seco, Xabier Bruña.
Excusan asistencia: Marco Reboredo, Hugo Barredo.
Desenvolvemento: o luns 5 de marzo de 2024 entre as 20:00h e as 21:30h
celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e
tratáronse os seguintes puntos:
1) Valoración teleasemblea 21 de marzo. Neste punto comentáronse as
seguintes cuestións:
– Asistiron unhas 36 persoas (na media das últimasteleasembleas) e agardábase unha maior afluencia. Algunhas
persoas comentaron que se lles pasara, polo que en vindeiras ocasións procurarase facer recordatorio por mail e outros
medios.
– Do novo persoal que podería asociarse, asistiu pouca xente
(algunha persoa de AGACAL e de montes). Supoñemos que están á expectativa, polo que hai que facer un esforzo por
contactar cos distintos grupos en servizos provinciais e centrais.
– Na situación actual cos procesos de temporalidade, concurso de
traslados e oposicións fai que unha parte das persoas estean pendentes da súa situación laboral. A finais de ano cando se
clarexe máis a ocupación das prazas e se logre máis estabilidade é posible que aumento a interese de certas persoas.
– Temos que comezar a funcionar para que a xente vexa os beneficios de asociarse. Na actualidade a maiores das 45 persoas socias, solicitaron asociarse 14 persoas máis. Este é
2) Cuestións preparatorias asemblea extraordinaria e ordinaria do 27 de
abril en Silleda. A previsión é mandar convocatorias por correo electrónico o luns 15 de abril (mandaríase só as persoas asociadas nese momento). Asemblea ordinaria ás 11h en primeira convocatoria e 11:30h en segunda convocatoria. Asemblea extraordinaria ás 12h en primeira convocatorio e 12:30 en segunda convocatoria. Xa está reservado o salón de actos do concello de Silleda. Raquel Carreira
prepara modelo de delegación de voto e Javier Cordal borrador do texto das convocatorias. Porase como data límite para apuntarse no
xantar o mércores 24 de abril. Reboredo encárgase de buscar local
para o xantar.
3) Configuración Consello Directivo. As persoas voluntarias para cubrir
os cinco postos do consello directo son: Javier Cordal, Gonzalo Perales,
Raquel Carreira, Ana Mendoza e Xabier Bruña. Deberán presentar a súa candidatura por correo electrónico antes do 27 deste mes. Unha
vez pasado o día 27 e visto as persoas que presenten candidaturas terase a xuntanza para tentar presentar unha candidatura única
pechada co reparto de cargos.
4) Creación de grupos de Whatssap e grupo de grupos de APENFOGA.
Xabier Bruña comenta a posibilidade de facer un grupo de Whatssap
por cada grupo de traballo e a maiores facer un grupo de grupos de APENFOGA. Carmen Seco comenta que sendo de momento tan
poucos, ao mellor non é tan necesario. En todo caso se aumenta o número de persoas nos grupos pode tentarse e valorarémolo na
asemblea de Silleda.
5) Outras cuestións pendentes. Neste punto comentáronse:
✔ O 5 de abril pecha o prazo de achegas do decreto de carbono. Está traballando nas achegas Gonzalo que tentará enviar unha
proposta ao longo desta semana.
✔ Javier Cordal pregunta que facer co listado de persoas socias e os documentos que se foron achegando. Acórdase que se almacenen
dixitalmente no Drive da conta de Apenfoga.
✔ Acordamos iniciar o tema de redes con X e revisar a actual páxina web. Raquel Carreira comenta que sería interesante partir da conta de PT_incendios e convertila na conta APENFOGA. Raquel Carreira queda en activar esta parte xunto a Hugo Barredo.
* Tentaremos facer unha nova telexuntanza o vindeiro 8 de abril ás 20h.
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 8 de ABRIL de 2024
Persoas participantes: Raquel Carreira, Javier Cordal, Marisé, Gonzalo Perales, Ana Mendoza, Xabier Bruña, Carmen Quiñones.
Excusan asistencia: Marco Reboredo, Hugo Barredo.
Desenvolvemento: o luns 8 de abril de 2024 entre as 20:00h e as 21:30h celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e tratáronse os seguintes puntos:
- Estado de persoas asociadas. Presentáronse 18 novas solicitudes e 2 actualización de datos de persoas socias. Sumando estas novas asociadas ás 45 xa existentes, temos na actualidade un total de 63 persoas socias. Debemos seguir insistindo en que se asocien máis persoas
- Candidaturas ao Consello Directivo. Presentáronse as seguintes persoas: Javier Cordal, Raquel Carreira, Gonzalo Perales, Ana Mendoza e Xabier Bruña.
- Cuestións preparatorias asemblea extraordinaria e ordinaria do 27 de abril en Silleda. O luns 15 de abril mandarase correo coa convocatoria xunto modelo de representación (só as persoas asociadas nese momento – encárgase Javier Cordal). Asemblea extraordinaria ás 11h en primeira convocatoria e 11:30h en segunda convocatoria. Asemblea ordinaria ás 12h en primeira convocatorio e 12:30 en segunda convocatoria. Xa está reservado o salón de actos do concello de Silleda. Porase como data límite para apuntarse no xantar o luns 22 de abril. Marco Reboredo encárgase de buscar local para o xantar.
- Configuración Consello Directivo. A proposta de reparto de cargos queda pendente de xuntanza en Lugo o xoves 25 de abril ás 15h das persoas que presentaron candidatura.
- Activación grupos de traballo. Raquel Carreira queda encargada de activar o grupo de difusión e redes para ter activada unha canle de difusión para a asemblea. Ao mesmo tempo as persoas que conformen o Consello Directivo conformarán o grupo organizativo (encárgase Xabier Bruña de crear grupo de mensaxería).
- Outras cuestións. Neste punto comentáronse:
- A principios de abril enviáronse as achegas ao decreto de carbono e no tocante ao plan director do sector forestal-madeira que está aberto prazo de achegas ata o 15 de abril personarémonos como grupo de interese (queda encargado Gonzalo Perales de enviar a achega no portal de transparencia).
- Comentouse a posibilidade de estudar o proxecto de Altri para ter unha visión como asociación ante a imposibilidade de poder presentar algunha achega antes do 17 de abril (polo volume tan grande de información a revisar). Queda Gonzalo Perales encargado de abrir esta liña no grupo de traballo de revisión de normativa.
- Carmen Quiñones comenta a situación que se está a producir cos cambios de uso amparados na normativa. Parécenos interesante abrir unha revisión desta situación no grupo de traballo de revisión de normativa (encárgase Carmen e Marisé).
- Insistimos con Carmen Quiñones en ter algunha persoa da provincia de Pontevedra máis activa a medio prazo (tanto no Consello Directivo e nos grupos de traballo).
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do XOVES 23 de MAIO de 2024
Persoas participantes: Raquel Carreira, Javier Cordal, Marisé, Gonzalo
Perales, Ana Mendoza, Xabier Bruña, Hugo Barredo, Carmen Seco.
Excusan asistencia: Carmen Quiñones
Desenvolvemento: o xoves 23 de maio de 2024 entre as 20:30h e as 22:00h
celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e
tratáronse os seguintes puntos:
1) Candidatura ao Consello Directivo. Presentarase unha única
candidatura que someteremos a votación coa seguinte proposta (aínda
que estatutos indican outro formato):
• Presidenta: Ana Mendoza,
• Vicepresidenta: Raquel Carreira,
• Secretario: Javier Cordal,
• Tesoreiro: Gonzalo Perales,
• Vogal: Xabier Bruña.
2) Cuestións preparatorias asemblea extraordinaria e ordinaria do 8 de
xuño en Silleda. O luns 27 de abril mandarase correo coa convocatoria
xunto modelo de representación (só as persoas asociadas nese
momento – encárgase Ana Mendoza e Raquel Carreira). Asemblea
extraordinaria ás 11h en primeira convocatoria e 11:30h en segunda
convocatoria. Asemblea ordinaria ás 12h en primeira convocatorio e
12:30 en segunda convocatoria. Xa está reservado o salón de actos do
concello de Silleda. Porase como data límite para apuntarse no xantar
o mércores 5 de xuño. Fernando Castro encárgase de reservar local
para o xantar. A proposta de cotas é de 50€ que se proporá cobrar vía
transferencia de cada persoa asociada.
3) Liñas de traballo. Propóñense catro eixos principais de traballo que se
validarán na asemblea: Diálogo coa administración e outros
colectivos / Redes Sociais e difusión / Participación activa na
normativa / Formación. Do borrador que preparou Raquel Carreira
temos que perfilar un documento final para antes da asemblea.
4) Activación grupos de traballo. Raquel Carreira e Hugo Barredo queda
encargada de activar o grupo de difusión e redes para ter activada
unha canle de difusión para a asemblea.
5) Outras cuestións. Neste punto comentouse:
Raquel Carreira comenta que estaría ben ter unha previsión dos
gastos que xustifique a nova cota. Para iso, quedamos en incorporar unha previsión orzamentaria no documento das liñasde traballo que se vai preparar.
Comentouse a necesidade de comezar canto antes coas xuntanzas de
presentación coa administración. Gonzalo Perales indica que mellor
comezar polas Direccións Xerais, namentras Marisé comenta mellor iniciar
ronda coas conselleiras. Carmen Seco comenta que lanzalo a todas e
comezar pola que nos dea cita antes. Queda pendente pechar cronoloxía
destas presentacións que deberíamos clarexar na asemblea.
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 17 de XUÑO de 2024
Persoas participantes: Raquel Carreira, Javier Cordal, Gonzalo Perales,
Xabier Bruña, Hugo Barredo, Carmen Seco.Excusan asistencia: Ana Mendoza, Marisé.
Desenvolvemento: o luns 17 de xuño de 2024 entre as 20:30h e as 22:00h
celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e
tratáronse os seguintes puntos:
1) Cuestións administrativas. Nesta semana Javier Cordal preparará as
dúas actas das asembleas (ordinaria e extraordinaria). Unha vez
revisadas deixaranse asinadas dixitalmente (pola presidenta e o
secretario) almacenadas no Drive. A maiores hai que facer o cambio do
Consello Directivo no rexistro de asociacións profesionais. Santi Fraga
encargase de ver os trámites administrativos necesarios (ata o día 20
de xuño non está a persoa que o leva) trasladándolle tanto Javier
Cordal como Ana Mendoza os aspectos necesarios para realizar os
trámites. Tentaremos que esta punto estea rematado antes de fin de
mes.
2) Cambios titulares conta bancaria asociación. Gonzalo Perales
encárgase de falar con Kiko (anterior tesoureiro) para ver os
documentos e trámites necesarios para facer os cambios dos titulares
da conta bancaria da asociación á raíz do novo consello directivo.
3) Envio información ás persoas asociadas. Unha vez feitas as actas,
Javier Cordal preparará un resumo para enviar ás persoas socias. A
maiores desta información, antes de fin de mes, enviarase as
indicacións para que as persoas asociadas fagan o ingreso da cota
aprobada na asemblea (50€) dándolle un prazo ata fin do mes de xullo.
4) Envio escritos á administración. Raquel Carreira preparou un
borrador de escritos para enviar a administración por correo
electrónico asinada pola presidenta (en tanto non teñamos a
posibilidade de envío por sede electrónica). Nesta semana deberíamos
ter pechados os documentos.
O escrito de presentación e petición de xuntanza dirixirase nun
primeiro momento (enviados a finais de semana) á conselleira de
Medio Rural, á conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, ao
Director Xeral de Defensa do Monte e Director Xeral de Planificación e
Ordenación Forestal. Quedaría para unha segunda remesa a petición
á Directora Xeral de Patrimonio Natural, ao Director Xeral de
Patrimonio Natural, á Directora AGADER e ao Xerente AGACAL (coa
idea de ter recopilada como está a situación da enxeñería forestal
nestes departamentos).
Unha vez entregado os primeiros escritos, enviarase un escrito á
Secretaría Xeral de Medio Rural en apoio do escrito iniciado no distrito
de Verín-Viana.
5) Tarefas grupo de traballo de Difusión e Redes. Hugo Barredo comenta
como están a levar os primeiros contidos que están a pendurar nas
redes. Raquel Carreira e Hugo Barredo compartiron un documento
base das liñas e contidos que seguirán a corto e medio prazo.
Preténdese enviar correo ás persoas asociadas para que colaboren no
envío de imaxes e contidos para as redes.
Outra das cuestións pendentes é a páxina web, que deberíamos tomar
unha decisión de que facer antes de setembro. Traerase unha proposta
para as vindeiras telexuntanzas. Hugo Barredo, Javier Cordal e
Gonzalo Perales pedirán orzamentos para dominio (apenfoga.org),
almacenamento básico e deseño da web.
6) Outras cuestións. Neste punto comentouse:
Contactar con novas persoas para o grupo de traballo que
amosaron interese na asemblea.
A medio prazo habería que ampliar o número de persoas socias,
especialmente dentro da enxeñería de montes
Fixamos telexuntanzas fixas o 1o e 3o luns de cada mes ás 21h.
Temos que ver a xestión de protección de datos e autorizacións de uso
imaxes. Por unha parte enviarase ás persoas socias autorización para o uso
de imaxes en actos da asociación e por outra Carmen Seco revisará as
necesidades de protección de datos que deberíamos ter.
Quedamos emprazados para a vindeira telexuntanza o luns 1 de xullo ás
21h.
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 1 de XULLO de 2024
Persoas participantes: Ana Mendoza, Raquel Carreira, Javier Cordal,
Gonzalo Perales, Xabier Bruña, Hugo Barredo, Fernando Marchena.
Excusan asistencia: Gonzalo Perales, Marisé.
Desenvolvemento: o luns 15 de xullo de 2024 entre as 21:00h e as 22:00h celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e tratáronse os seguintes puntos:
1) Cuestións administrativas. Ana Mendoza solicitou a renovación do consello directivo no rexistro de asociacións profesionais e xa tivemos resposta confirmando a inscrición da nova directiva.
2) Cambios titulares conta bancaria asociación. Gonzalo Perales falou con Kiko (anterior tesoureiro) e indican que o mellor é manter para as cotas deste ano a conta actual de Abanca, e facer o cambio a outra
entidade para o vindeiro ano. Por outra banda Javier Coral e Gonzalo Perales farán seguimento do pago que vaian realizando as persoas asociadas.
3) Envío información ás persoas asociadas. Javier Cordal preparou e enviou por correo electrónico o resumo das asembleas ás persoas
socias. Nesa mesma comunicación indicábase a forma de pago da cota e animábase a formar parte do grupo de traballo. Raquel Carreira
preparará unha plantilla tipo boletín para enviar de forma periodica ás persoas socias.
4) Escritos á administración. Non tivemos resposta nin das conselleiras, nin dos directores xerais. Ana Mendoza realizará a reiteración dos
escritos por sede electrónica (unha vez rematados trámites de alta no rexistro).
5) Tarefas grupo de traballo de Difusión e Redes. As redes continúan a funcionar ben, especialmente Facebook que tivo máis de 200 novas incorporacións de amistades. Hugo Barredo e Raquel Carreira comentan que teñen preparada un grupo novo de entradas que irán
pendurando nos vindeiros días.
No tocante á web acordamos aprobar o orzamento de Raiola Network (empresa coa que se ten contratado actualmente o dominio) 80€+IVE para manter dous dominios por un ano: tecnicosforestais.org e apenfoga.org + 10 Gigas de almacenamento. Encárgase Javier Cordal
de facer os trámites coa empresa.
Queda pendente para vindeiras xuntanzas a aprobación do orzamento para o deseño da web. Hugo Barredo traslada que o orzamento para a migración e actualización web coa empresa Lugonet é de 360€+IVE.
Gonzalo Perales non obtivo aínda o orzamento e Javier Cordal vai solicitar orzamento á persoa que deseñou a actual páxina web.
6) Xubilación anticipada na lei básica de bombeiros forestais:
Preparamos escrito coas indicacións básicas que deberan ter dentro desta lei con respecto ao persoal enxeñeiro e remitímosllo a Paula
Fernández (alcaldesa de Silleda e parlamentaria no Congreso). Na actualidade unha vez aprobada esta proposta de lei na comisión de
transición ecolóxica, irá ao pleno o día 23 deste mes. Logo quedará o traballo para acomodar o resultado no ámbito galego.
7) Xuntanza co Colexio de E.T.Forestais. O venres 12 pola tarde na Rúa
tivemos xuntanza co COETFG. Asistimos Ana Mendoza e Xabier Bruña en formato presencial e Gonzalo Perales por videochamada.
Compartiuse resumo da xuntanza e en liñas xerais pode ser un bo comezo para tecer alianzas no traballo común pola profesión e
dignificación da enxeñería forestal.
8) Outras cuestións. Neste punto comentouse:
Fernando Marchena indica a necesidade de preguntarlle a Función Pública por cal é a situación da toma de posesión das
persoas aprobadas na última oposición das escalas de E.T. Forestal e Enxeñería de Montes. Fernando Marchena preparará o
borrador do escrito que tentaremos enviar ao longo deste mes.
Ana Mendoza e Raquel Carreira comentan a necesidade de ir facendo un guión para cada unha das posibles xuntanzas que teñamos coas conselleiras de directores xerais. Prepararase un borrador para os eidos principais de incendios, montes, medio
ambiente.
Quedamos emprazados para a vindeira telexuntanza o luns 5 agosto ás 21h.
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 5 de AGOSTO de 2024
Persoas participantes: Ana Mendoza, Javier Cordal, Xabier Bruña, Hugo Barredo, Fernando Marchena e Irene Magdalena.
Escusan asistencia: Gonzalo Perales e Raquel Carreira.
Desenvolvemento: o luns 5 de Agosto de 2024 entre as 21:00h e as 22:00h celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e tratáronse os seguintes puntos:
1) Cuestións administrativas e de xestión interna. A documentación interna da asociación así como os documentos oficiais gardaranse en
cartafoles estruturados no Drive. Encárganse Javier Cordal e Ana Mendoza.
2) Estado conta bancaria asociación e ingresos persoas socias. Javier Cordal revisará con Gonzalo Perales e con Kiko os ingresos das cotas das persoas asociadas e levarase un seguimento dos pagos.
3) Envío información ás persoas asociadas. Ante a dúbida de cando hai que facer o ingreso da cota da asociación, Javier Cordal enviará un
correo recordatorio as persoas asociadas que non o fixeron de que a transferencia da cota se faga ao longo deste mes.
4) Xuntanza coa conselleira de Medio Rural. O xoves 1 de agosto entre ás 13h e as 15h tivemos unha xuntanza coa conselleira de Medio Rural e
os directores xerais de Defensa do Monte e Planificación e Ordenación Forestal. Por parte da asociación asistiron Ana Mendoza, Raquel
Carreira e Xabier Bruña. Foi unha primeira xuntanza de presentación e tanteo na que non houbo grandes avances. Quedouse en ter unha
xuntanza en breve (falouse incluso deste mes de agosto) con cada un dos directores xerais por separado e con presenza dos xefes de servizo
provinciais.
5) Tarefas grupo de traballo de Difusión e Redes. Irene Magdalena incorpórase ao grupo de Difusión e Redes. Hugo Barredo comenta que pretende seguir na mesma liña que ata o de agora incorporando novos temas vinculados á xestión forestal. Precisamos persoas que podan
traballar temas de Patrimonio Natural, Avaliación Ambiental, Ensino. Contratouse o servizo de Raiola Network (empresa coa que se viña traballando con anterioridade) 80€+IVE para manter dous dominios por un ano + 10 Gigas de almacenamento. Falta contratar o dominio apenfoga.org. Encárgase Javier Cordal de facer os trámites coa empresa.
6) Preparación puntos orde do día xuntanzas coas DX. Para poder priorizar os puntos a tratar nas vindeiras xuntanzas cos directores
xerais acordouse enviar un correo ás persoas asociadas solicitándolle cales consideran os puntos prioritarios a tratar. Encárgase Ana
Mendoza e Raquel Carreira de preparar e enviar este correo. Con posterioridade agruparemos as respostas e remitirémoslle a cada director xeral a proposta de puntos a tratar na vindeira xuntanza por parte de APENFOGA.
7) Outras cuestións. Neste punto comentouse:
Tal e como xa faláramos na xuntanza anteiror, Fernando Marchena preparará o borrador dun escrito para preguntarlle a
Función Pública cal é a situación do concurso de traslados e da toma de posesión das persoas aprobadas nas últimas oposicións das escalas de E.T. Forestal e Enxeñería de Montes.
Quedamos emprazados para a vindeira telexuntanza o luns 19 agosto ás 21h.
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 19 de AGOSTO de 2024
Persoas participantes: Ana Mendoza, Javier Cordal, Xabier Bruña, Hugo
Barredo, Raquel Carreira, Irene Magdalena, Marisé.
Escusan asistencia: Gonzalo Perales.
Desenvolvemento: o luns 19 de Agosto de 2024 entre as 21:00h e as 22:30h celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e tratáronse os seguintes puntos:
1) Estado conta bancaria asociación e ingresos persoas socias. Javier Cordal revisará con Kiko os ingresos das cotas das persoas asociadas e
levarase un seguimento dos pagos.
2) Envío petición información a Función Pública. Fernando Marchena preparou o borrador dun escrito para preguntarlle a Función Pública cal é a situación do concurso de traslados e da toma de posesión das
persoas aprobadas nas últimas oposicións das escalas de E.T. Forestal e Enxeñería de Montes. Tras pasar polo grupo de traballo depurouse o
documento que foi enviado a principios de mes.
3) Convite inauguración base transfronteriza Verín-Oimbra. A asociación foi covidada por parte da consellería do Medio Rural o martes 13 á inauguración desta infraestrutura. Non puido asistir ningunha persoa da asociación en representación e Raquel Carreira preparou un chío co acto. Aprobamos asistir a este tivo de actos institucionais abrindo a posibilidade da representación da asociación a calquera persoa socia que poida asistir. Teremos que estar atentos ao posible uso que se poida facer da nosa asistencia por parte da administración e analizar cada convite especificamente. Marisé comenta a necesidade de levar algún distintivo de APENFOGA polo que xurde a necesidade de
preparar camisetas, chapas ou algún elemento representativo.
4) Tarefas grupo de traballo de Difusión e Redes. Irene Magdalena preparou un video sobre prevención de incendios que ao ser de 6
minutos, decidimos subilo a youtube (canle quenxestionaonosomonte) e nun futuro á web e preparar sobre este videos máis cortos para
compartir en redes. Hugo Barredo comenta que está a preparar unha serie de entradas sobre incendios de interface
O dominio apenfoga.org costa 13,27 €/ano e o dominio apenfoga.eu 7,07 €/ano. Apróbase contratar o dominio apenfoga.org e encárgase
Javier Cordal de facer os trámites coa empresa.
5) Preparación puntos orde do día xuntanzas coas DX. Enviouse correo ás persoas asociadas para que mandaran propostas de puntos a tratar nas xuntanzas coas direccións xerais. Recibíronse un total de 10 contestacións e tentamos agrupar as achegas na proposta inicial de puntos que se xunta a este documento. Ata o xoves quedamos en perfilar no grupo de traballo a proposta definitiva para enviala o
venres 23.
Quedamos emprazados para a vindeira telexuntanza o luns 2 de setembro
ás 21h.
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 16 de SETEMBRO de 2024
Persoas participantes: Gonzalo Perales, Ana Mendoza, Xabier Bruña, e Carmen Seco.
Escusan asistencia: Javier Cordal, Raquel Carreira e Hugo Barredo
Desenvolvemento: o luns 16 de Setembro de 2024 entre as 21 h e as 22 h
celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e tratáronse os seguintes puntos:
1) Estado ingresos cotas persoas socias. Hai 23 persoas socias que fixeron o ingreso da cota. Gonzalo Perales e Javier Cordal prepararon un texto para enviarlle recordatorio por correo electrónico ás persoas socias pendente de pago da cota.
2) Tarefas grupo de traballo de Difusión e Redes. Nestas últimas semanas seguiuse difundindo temas de prevención de incendios.
Queda pendente desenvolver a web e teremos que desenvolver este tema en detalle no mes de outubro.
3) Preparación posibles xuntanzas coas DX. Temos preparado un documento coa folla de ruta e os mecanismos a tratar en cada punto da orde do día proposta. Estamos pendentes da convocatoria para preparar máis en
detalle as xuntanzas.
4) Envío boletín informativo ás persoas socias. Está pendente preparar o contido do primeiro boletín informativo coa idea de difundilo a finais de mes – principios de outubro.
5) Outras cuestións. Carmen Seco comenta que hai unha modificación da RPT de AGACAL que non afecta ás nosas categorías. Carmen indica
que sería bo preguntar nas xuntanzas coas direccións xerais estado do concurso de traslados, prazas ofertadas ás persoas que aprobaron oposicións e sobre todo preguntar cando van convocas as prazas de
concursos específicos.
Quedamos emprazados para a vindeira telexuntanza o luns 7 de outubro ás
21h.
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 7 de OUTUBRO de 2024
Persoas participantes: Raquel Carreira, Gonzalo Perales, Ana Mendoza,
Irene Magdalena, Hugo Barredo e Xabier Bruña.
Escusan asistencia: Javier Cordal e Carmen Seco.
Desenvolvemento: o luns 7 de outubro de 2024 entre as 21:00 h e as 21:40 h
celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e tratáronse os seguintes puntos:
1) Estado ingresos cotas persoas socias. Javier Cordal enviaralle recordatorio por correo electrónico ás persoas socias pendente de pago
da cota.
2) Tarefas grupo de traballo de Difusión e Redes. Nestas últimas semanas seguiuse difundindo temas de interface e de xestión de
montes (poxa de Lugo).
Queda pendente desenvolver a web ao longo do outono. Irene e Hugo pedirán orzamentos para facelo.
3) Envío boletín informativo ás persoas socias. Raquel Carreira presenta o deseño e contido do primeiro boletín. Falamos sobre distintas
suxestións e dámonos unha semana para completalo e revisalo.
Tentarase enviar antes da seguinte xuntanza.
4) Outras cuestións. Nas seguintes semanas haberá que estar pendente da previsible toma de posesión (en provisional ante o retraso no
concurso de traslados) dos procesos pendentes (estabilización, consolidación, promocións internas, libres).
Quedamos emprazados para a vindeira telexuntanza o luns 21 de outubro ás
21h.
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 2 de SETEMBRO de 2024
Persoas participantes: Gonzalo Perales, Ana Mendoza, Xabier Bruña,
Raquel Carreira e Irene Magdalena.
Escusan asistencia: Javier Cordal (incorporouse na última parte da xuntanza).
Desenvolvemento: o luns 2 de Setembro de 2024 entre as 21:00h e as 22:30h
celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e tratáronse os seguintes puntos:
1) Estado conta bancaria asociación e ingresos persoas socias. Kiko revisará esta semana os movementos bancarios e indicaranos os
ingresos das cotas das persoas asociadas que levamos ata o momento.
Están pendentes varias devolucións de pagos que adiantaron Kiko e Santi Fraga.
2) Tarefas grupo de traballo de Difusión e Redes. Irene Magdalena preparou vídeos cortos de prevención para compartir en redes sobre o
vídeo máis longo que tiña feito. Iranse subindo ás redes ao longo dos vindeiros días e compartiranse todos na canle de youtube.
Xa está contratado o dominio apenfoga.org. Queda pendente desenvolver a web. Javier Cordal queda pendente de falar coa persoa
que fixo a web de tecnicosforestais.org para pedirlle orzamento.
3) Preparación puntos orde do día xuntanzas coas DX. Enviáronse un total de sete puntos da orde do día a cada director xeral. A maiores
falouse da folla de ruta que deberíamos concretar en cada punto para non quedar en debates de cuestións concretas e ter mecanismos concretos para desenvolver cada punto nun futuro (grupos de traballo,
mesas de encontro, recollida de propostas, . . ). Quedamos en desenvolver nun documento compartido estes mecanismos para cada punto no grupo de traballo e telo pechado entre esta semana e a vindeira xuntanza. En todo
caso deberíamos ter traballado este documento antes da posible xuntanza coas direccións xerais.
Procedementos de traballo (organización, programación, coordinación e planificación cargas traballo).
Aplicativos (optimización e modernización).
Formación (recibida e impartida).
Visibilización da Enxeñería Forestal dentro da consellería.
Participación da Enxeñería Forestal dentro da consellería.
Desenvolvemento normativo.
Outros: Melloras na RPT, mesa negociación acordo, xubilación anticipada.
4) Envío boletín informativo ás persoas socias. Raquel Carreira preparou un formato de envío de información por correo electrónico tipo boletín ás persoas socias. Ao longo destas dúas semanas prepararase o primeiro boletín co contido coa idea de difundilo neste mes.
5) Campaña de incorporación de persoas socias. Debateuse a idoneidade de volver a enviar correo a todas as posibles persoas que poideran
cumprir os requisitos para asociares. Ante a situación de indefinición de destino dalgunhas persoas, decidimos agardar a que se resolva
previamente. A nivel individual insistir no noso entorno próximo.
Quedamos emprazados para a vindeira telexuntanza o luns 16 de setembro
ás 21h.
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 21 de OUTUBRO de 2024
Persoas participantes: Raquel Carreira, Ana Mendoza, Marisé, Hugo
Barredo e Xabier Bruña.
Escusan asistencia: Javier Cordal e Gonzalo Perales.
Desenvolvemento: o luns 21 de outubro de 2024 entre as 21:00 h e as 22:00 h
celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e tratáronse os seguintes puntos:
1) Xuntanza coa DX de Patrimonio Natural. Recibimos correo coa convocatoria para o mércores 30 de outubro ás 12h. Asistiran Gonzalo Perales e Xabier Bruña. Mandouse correo ás persoas socias para recoller achegas.
2) Tarefas grupo de traballo de Difusión e Redes. Nestas últimas semanas seguiuse difundindo temas de xestión de montes. Xabier
Bruña contactou con Eduardo Pérez Gil (o informático que fixera a web tecnicosforestais.org) quen lle trasladou que xa non se adica a facer este tipo de traballos e que a migración se podía facer directamente no hosting e que estaría ben cambiar a un xestor de contidos tipo WordPress.
Raquel Carreira reicibiu un orzamento de novo deseño da web de Nomenklaturas. Hugo Barredo pedirá orzamento a Lugonet (do novo
deseño) e tamén está pendente un orzamento que solicitou Irene Magdalena. Na seguinte xuntanza tomarase a decisión de contratación
de deseño da nova web.
3) Envío boletín informativo ás persoas socias. Raquel Carreira indica que xa está preparado o primeiro boletín. Pediu que lle botáramos un
ollo para pulir o texto e enviarase esta semana ás persoas socias.
4) Outras cuestións. Tratáronse os seugintes temas:
• Marisé comenta que hai un borrador da nova orde de tratamentos silvícolas.
• Tamén se comentou o correo que lle chegou aos xefes/as de distrito para que o persoal interino collera as vacacións e asuntos o antes
posible ante a previsible toma de posesión provisional dos procesos pendentes (estabilización, consolidación, promocións internas, libres).
• Saíu a sentenza favorable do Tribunal Superior de Xustiza dos descontos en servizos mínimo da folga do persoal técnico de
incendios. Cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo. Desde a asociación agardamos valoración dos sindicatos.
Quedamos emprazados para a vindeira telexuntanza o luns 4 de novembro
ás 21h.
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 4 de NOVEMBRO de 2024
Persoas participantes: Gonzalo Perales, Irene Magdalena, Ana Mendoza, Hugo Barredo e Xabier Bruña.
Escusan asistencia: Javier Cordal, Carmen Seco e Raquel Carreira.
Desenvolvemento: o luns 4 de novembro de 2024 entre as 21:00 h e as 22:00
h celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e tratáronse os seguintes puntos:
1) Xuntanza coa DX de Patrimonio Natural. Por motivos internos tivemos que adiar a xuntanza do mércores 30 de outubro coa DX de Patrimonio Natural. A nova data proposta é o venres 15 ás 12:30h. Asistiran Ana Mendoza e Xabier Bruña.
2) Tarefas grupo de traballo de Difusión e Redes.
Nestas últimas semanas seguiuse difundindo temas de xestión de montes e o acto homenaxe de Javier Quintana. Para as vindeiras semanas tentarase publicar algo sobre xestión forestal sostible e sobre restauración hidrolóxico-forestal.
Temos os orzamentos para a páxina web de Lugonet, Nomenlaturas e CGTF. Está pendente un orzamento que solicitou Irene Magdalena.
Na seguinte xuntanza tomarase a decisión de contratación de deseño da nova web.
3) Envío boletín informativo ás persoas socias. Enviouse boletín informativo ás persoas socias. Hai que pensar nunha periocidade trimestral. Nos correos corporativos as imaxes non aparecen, polo que haberá que buscar alternativas e/ou envialo apegado tamén en
formato pdf.
4) Outras cuestións. Tratáronse os seguintes temas:
• O día 30 de outubro iniciouse o borrador da lei de administración ambiental simplificada de Galicia. Gonzalo Perales di que el non ten
constancia de ningún documento en firme e do que teña coñecemento daranos traslado para poder revisalo e presentar achegas.
Quedamos emprazados para a vindeira telexuntanza o luns 18 de novembro
ás 21h.
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 16 de DECEMBRO de 2024
Persoas participantes: Raquel Carreira, Ana Mendoza, Gonzalo Perales,
Hugo Barredo, Carmen Seco e Xabier Bruña.
Escusan asistencia: Javier Cordal.
Desenvolvemento: o luns 16 de decembro de 2024 entre as 21:00 h e as 22:00
h celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e tratáronse os seguintes puntos:
1) Contestación DX de Patrimonio Natural. Coas achegas das distintas persoas que nos compartiron cuestión vinculadas á DX de Patrimonio Natural preparouse un documento de contestación. Esta semana
enviarémoslle o documento xunto ao resumo de prazas abertas ás escalas forestais. Compartirase estes documentos coas persoas que nos achegaron información e coas persoas socias.
2) Tarefas grupo de traballo de Difusión e Redes. Fíxose unha publicación por semana (un vídeo de restauración hidrolóxica e
información da poxa de Ourense). Esta semana publicarase información sobre os IOXF.
Séguese a traballar na nova web con Nomenklaturas. A empresa
facturará cando se remate o traballo.
3) Outras cuestións. Tratáronse os seguintes temas:
– O mércores 18 de decembro ás 19h temos prevista xuntanza
telemática (vía Zoom) co Colexio de Enxería Técnica Forestal de
Galicia. Asistirán: Ana Mendoza, Gonzalo Perales, Xabier Bruña e
Raquel Carreira.
– Enviouse escrito preparado por Fernando Marchena á secretaría
xeral da consellería do Medio Rural para preguntar como sa vai
aplicar para as nosas escalas a publicación da lei 5/2024, básica de
bombeiros forestais
– Enviouse correo reiterando a petición da xuntanza coas direccións xerais de Defensa do Monte e Planificación e Ordenación Forestal
(con copia á conselleira).
– A petición de Santi Fraga comentouse a situación da problemática da toma de posesión provisional das últimas oposicións e a sentenza
do TSXG sobre a conversión en definitiva dunha toma provisional dun posto de veterinario en Lugo. Tentarase preparar un escrito de queixa a Función Pública pola situación dos procesos selectivos e reclamando que se cumpra a legalidade. Encargaranse: Carmen Seco, Raquel Carreira, Ana Mendoza, Hugo Barredo.
Quedamos emprazados para a vindeira telexuntanza o luns 13 de xaneiro de
2025 ás 21h.
NOTA RESUMO da TELEXUNTANZA do LUNS 2 de DECEMBRO de 2024
Persoas participantes: Raquel Carreira, Ana Mendoza, Gonzalo Perales,
Hugo Barredo e Xabier Bruña.
Escusan asistencia: Javier Cordal.
Desenvolvemento: o luns 2 de decembro de 2024 entre as 21:00 h e as 22:00
h celebrouse unha telexuntanza do grupo de traballo de APENFOGA e tratáronse os seguintes puntos:
1) Contestación DX de Patrimonio Natural. Coas achegas das distintas persoas que nos compartiron cuestión vinculadas á DX de Patrimonio Natural preparouse un documento de contestación. Esta semana
enviarémoslle o documento xunto ao resumo de prazas abertas ás escalas forestais. Compartirase estes documentos coas persoas que nos achegaron información e coas persoas socias.
2) Tarefas grupo de traballo de Difusión e Redes. Fíxose unha publicación por semana (unha de certificación forestal, outra sobre a
poxa de lugo e está pendente un video de restauración hidrolóxica). Comezouse a publicar en Bluesky con novas xa publicadas con anterioridade.
Comezouse a traballar na nova web con Nomenklaturas, comezando polo novo deseño co obxectivo de tela activa a principios de ano.
3) Estado contas e persoas socias. A día 30 de outubro temos un saldo positivo de 1.835,70 €, sendo 52 persoas a que fixeron o pago da cota.
Gonzalo Perales encárgase de revisar persoas pendentes de pago de cota e enviarlles recordatorio. Tamén vai revisar entidade na que
poidamos ter conta con menores custes de mantemento co obxectivo de facer traspaso de conta no primeiro trimestre do 2025.
4) Outras cuestións. Tratáronse os seguintes temas:
– O Colexio de Enxería Técnica Forestal de Galicia propuxo xuntanza
telemática (vía Zoom) o mércores 18 de decembro ás 19h.
– Ante a publicación da lei 5/2024, básica de bombeiros forestais,
comezouse a prepara escrito (encárgase Fernando Marchena) para
preguntar á secretaría xeral da consellería do Medio Rural como sa vai aplicar para as nosas escalas.
– Reiteraremos esta semana a petición da xuntanza coas direccións
xerais de Defensa do Monte e Planificación e Ordenación Forestal (con copia á conselleira).
Quedamos emprazados para a vindeira telexuntanza o luns 16 de decembro
ás 21h.