Persoas participantes: Por parte da Administración Marisol Díaz Mouteiro (DX) e por parte de APENFOGA Ana Mendoza e Xabier Bruña.
Desenvolvemento: o venres 15 de novembro de 2024 entre as 12:45 h e as 13:45 h, no edificio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en Santiago de Compostela, celebrouse unha xuntanza entre a D.X. de Patrimonio Natural e APENFOGA, na que se trataron os seguintes puntos:
1) Presentación de APENFOGA á DX de Patrimonio Natural.
Fíxose unha pequena exposición de que é APENFOGA, cando naceu e o seu desenvolvemento así como os fins e quen a integramos. Ao mesmo tempo indicámoslle a importancia que tivo no pasado a enxeñería forestal e a relevancia que ten na actualidade na xestión do territorio (onde 2/3 parte do noso territorio teñen consideración de monte).
2) Situación da enxeñería forestal na RPT. Trasladámoslle á directora a crítica situación das prazas de enxeñería forestal na
consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e en especial a perda de prazas na Dirección Xeral de Patrimonio Natural (derivada das últimas modificacións da RPT que limitou o número de escalas por praza). En toda a consellería existen unhas 50 prazas abertas ás titulacións de enxeñería forestal das que un 60% se atopan na DX de Patrimonio Natural.
Comentámoslle a necesidade de ter prazas de enxeñería forestal para o desenvolvemento e xestión eficaz do traballo da propia dirección xeral ao aportar as nosas escalas elementos fundamentais como son a labor facultativa como enxeñeiros/as (para a dirección de obra) e a xestión da maioría dos expedientes (onde unha gran parte corresponden con terreo de monte).
Indicámoslle a existencia de varias prazas nivel 16 (posto base A2) nada acordes co desenvolvemento das súas funcións e a necesidade de incrementar os niveis destes postos.
Trasladámoslle a necesidade de que se cubriran todas as baixas e vacantes existentes nos postos vinculados coa enxeñería forestal (insistimos no posto do parque natural de O Invernadoiro que leva máis de dous anos sen cubrir).
En relación a este punto, a directora indicounos que están a traballar nunha modificación da RPT e pediunos que lle enviáramos un pequeno informe de xustificación da necesidade de modificación da RPT en relación ao falado. Tamén quedou en revisar a situación de postos non cubertos en especial o de Invernadoiro.
3) Procedementos de traballo. Insistimos na necesidade de instrucións claras de traballo que unifiquen os criterios a desenvolver nas distintas provincias. Comentamos a necesidade de crear grupos de traballo e de xuntanzas técnicas entre os distintos servizos e provincias.
Neste punto a directora indicou que xa comezara a implementar este tipo de forma de traballar e que formaba parte da súa forma de actuar.
4) Outras cuestións. Tratáronse os seguintes temas:
- Petición de roupa de campo para o persoal técnico. Neste punto pediunos que lle enviáramos unha proposta priorizada de necesidades.
- Desenvolvemento de aplicativos informáticos que faciliten a xestión dos expedientes administrativos. Neste punto pediunos que lle enviáramos unha proposta priorizada de necesidade.
- Formación específica para o persoal técnico de enxeñería forestal en especial relacionado con espazos naturais (onde nos últimos anos tan só se leva sacado pola EGAP para os/as axentes ambientais). Con respecto a isto, a directora indicounos que tratará de propoñer á EGAP
cursos específicos. - Actualización dos temarios de oposición das escalas de enxeñería forestal que levan anos sen incorporar as modificación normativas, técnicas e tecnolóxicas da parte ambiental do temario. A directora indicounos que descoñecía esta situación e que tentaría de revisalo.
- Colaboración entre os distintos departamentos da Xunta. Trasladámoslle a necesidade que os departamentos de patrimonio natural deberan ter unha colaboración constante con outros departamentos da Xunta con competencias na xestión do territorio (especialmente montes e incendios en espazos con gran superficie
forestal como son os parques naturais de Xurés e Invernadoiro). A directora comenta que concorda e que traballarán nesa liña. - Colaboración entre a DX e APENFOGA. Trasladámoslle o ofrecemento da asociación para colaborar con patrimonio natural naquelas cuestións vinculadas coa nosa profesión e de servir de canle de comunicación
para as propostas de mellora que nos trasladen os/as enxeñeiros/as forestais. A directora comentounos que están a iniciar os plans de xestión de distintos espazos naturais e que trataría de que poidéramos canalizar a nosa participación na revisión destes instrumentos (tanto no proceso de participación pública como nos posibles grupos de taballo
que poideran poñerse en marcha).
Quedamos emprazados para a unha vindeira xuntanza de seguimento do tratado nesta xuntanza para comezos do vindeiro ano 2025