Tivemos teleasemblea.
Nela presentouse a modificación dos estatutos da APETFXG aprobada polos seus socios nos
que:
 Cambia a denominación da asociación a Asociación Profesional de Enxeñeiros Forestais
da Xunta de Galicia (APENFOGA).
 Pode asociarse todo o persoal funcionario e laboral coas titulacións de enxeñeiro
técnico forestal, enxeñeiro de montes ou titulacións equivalentes, nos diversos
departamentos da Xunta de Galicia incluíndo o profesorado de secundaria e FP; así
como os xubilados (con voz pero sen voto).
 O obxectivo é aglutinar de formar transversal aos enxeñeiros forestais para
representar os nosos intereses e prestixio profesional, contribuír á divulgación forestal
técnica, rigorosa e seria, e participar en posibles negociacións coa Administración.
 Os pasos pendentes son rexistrar os estatutos modificados para que poidan inscribirse
os novos socios e elixir un novo Consello Directivo. Calquera interesado en asociarse
pode comunicalo a dirección de correo apenfoga@gmail.com e unha vez rexistrados
os novos estatutos indicaráselle o procedemento a seguir.
Na asemblea tamén presentáronse o cinco grupos de traballo encargados de iniciar esta nova
andaina:
 RPT e condicións de traballo
 Revisión de nova normativa
 Difusión e redes sociais
 Negociación con Administración e relación cos sindicatos
 Administración e xestión de APENFOGA
Calquera que queira colaborar nalgún destes grupos pode comunícalo a través do correo
apenfoga@gmail.com
Entre as primeiras labores, ademais da modificación dos estatutos:
 Presentáronse alegacións a Lei do clima de Galicia.
 Presentáronse alegacións á modificación da RPT da Agacal na que se eliminan e
modifican prazas para enxeñeiros forestais.
 Preparouse un modelo de escrito para que individualmente se solicite o concurso.
Insístese na necesidade de ter un enlace da asociación con cada sindicato, que se anime pode
comunicalo ao correo apenfoga@gmail.com
Calquera que teña propostas de mellora e aportacións en todas as Consellerías e Direccións
Xerais pode trasladalas ao correo apenfoga@gmail.com co fin de elaborar documentos
propositivos a presentar á Administración.