O 21 de marzo de 2024 ás 20:00 reunímonos en teleasemblea 36 asistentes.
Nela informamos que a modificación dos estatutos da APETFXG foi aprobada e publicada no
DOG. Na modificación:
Cambia a denominación da asociación a Asociación Profesional de Enxeñeiros Forestais
da Xunta de Galicia (APENFOGA).
Pode asociarse todo o persoal funcionario e laboral coas titulacións de enxeñeiro
técnico forestal, enxeñeiro de montes ou titulacións equivalentes, nos diversos
departamentos da Xunta de Galicia incluíndo o profesorado de secundaria e FP; así
como os xubilados (con voz pero sen voto).
O obxectivo é aglutinar de formar transversal aos enxeñeiros forestais para
representar os nosos intereses e prestixio profesional, contribuír á divulgación forestal
técnica, rigorosa e seria, e participar en posibles negociacións coa Administración.
Tamén comentamos o decálogo de peticións que transmitimos a Administración coas nosas
inquietudes e puntos de desacordo:
1. Procedemento de creación de varias unidades especializadas en determinadas facetas
da Prevención e da Extinción de Incendios Forestais.
2. Provisión dos postos de traballo
3. Formación.
4. Exclusión da aplicación da regulación de axudas de custe por traballo en gardas de 24
horas.
5. Exclusión n o deseño e implementación administrativa das políticas forestais.
6. Falta de dotación de medios e recursos.
7. Atribución de responsabilidades en seguridade e saúde non acordes coa realidade do
desempeño das nosas tarefas e funcións.
8. Externalización de tarefas e traballos a persoal técnico de empresas que vimos
desenvolvendo desde fai anos.
9. Identificación incorrecta.
10. Devolución das contías descontadas inxustamente na folga legalmente convocada polo
persoal técnico de incendios no verán do ano 2020.
Calquera interesado en asociarse ou actualizar os seus datos comunicándoo á dirección de
correo apenfoga@gmail.com.
Asociación profesional de enxeñería forestal da Xunta de Galicia
APENFOGA
Lembramos os cinco grupos de traballo encargados de iniciar esta nova andaina e animamos
aos asociado a participar comunicándoo a través do correo apenfoga@gmail.com:
RPT e condicións de traballo
Revisión de nova normativa
Difusión e redes sociais
Negociación con Administración e relación cos sindicatos
Administración e xestión de APENFOGA
Integrantes do consello directivo, que será renovado na seguinte asemblea, resumíronnos as
labores desenvolvidas nos xa 20 anos de asociación, en especial os logros nos acordos de
traballo do persoal técnico dos distritos forestais.
Agradecemos o seu traballo e esforzo.
Insistiuse na necesidade de ter un enlace da asociación con cada sindicato, quen se anime
pode comunicalo ao correo apenfoga@gmail.com
Na rolda libre de intervencións comentouse:
A inquedanza do persoal interino sobre a súa situación e a postura ao respecto da
asociación.
A necesidade de fortalecer a profesión para o que é fundamental incrementar o
número de asociados
A posibilidade de incluír aos titulados da Administración Xeral da Xunta de Galicia.
A importancia de colaborar cos colexios profesionais.
A necesidade de ter unha maior presencia social e nas redes sociais.
A posibilidade de negociar a suba de niveis naquelas prazas con niveis base e moi
baixos.
A posibilidade de incluír na asociación aos compañeiros co proceso selectivo supera
pero á espera de toma de posesión.
Queda convocada unha asemblea presencia en Silleda o 27 de abril na que:
Elixir o novo consello directivo.
Establecer as liñas estratéxicas de traballo da asociación.
Fixar a cota de asociado.
Quen desexe presentar candidatura ao Consello Directivo deberán facelo ante este cun mes de
antelación á asemblea do 27 de abril.