HISTORIA DE APENFOGA

Xa vai máis dun ano dende que se deron os primeiros pasos para o cambio de denominación da anterior Asociación (denominada Asociación  Profesional de Enxeñeiros Técnicos Forestais da Xunta de Galicia, APETFXG), coa ampliación do seu ámbito de traballo e coa apertura a todas as persoas que ocupan calquera dos postos da Xunta de Galicia para os que se require a titulación de Enxeñería Técnica Forestal e/ou Enxeñería de Montes.

Neste curto período de andaina de Apenfoga tentamos recoller o testigo dos compañeiros e compañeiras que nos precederon, quenes, sen dúbida, abriron un camiño -practicamente inexistente con anterioridade- que hoxe podemos transitar, e que, grazas ao esforzo de todas e todos, tentaremos manter e, na medida do posible, seguir ampliando.

Un dos nosos principais obxectivos é a constitución de espazos de traballo en equipo, que nos representen a todas e todos, nos que intercambiar opinións e xerar debate, e cos que poder abarcar toda a diversidade de ámbitos de traballo nos que estamos representados. Neste senso, a posta en marcha dos diferentes grupos de traballo e a celebración de 2 telereunións mensuais, constitúe un dos piares do funcionamento desta asociación.

O día 21 de marzo de 2024, día internacional dos Bosques, naceu APENFOGA. 

 

O proceso de elaboración e aprobación dos novos estatutos, a súa publicación no DOG, a celebración da asamblea en xuño, as distintas cuestións organizativas, a posta en marcha das redes sociais da asociación, a presentación de alegacións a proxectos normativos, e sobre todo, o establecemento das liñas de traballo e a búsqueda dun espazo de diálogo coa administración e con outros colectivos, centraron gran parte da actividade destes grupos de traballo.

Puxéronse en funcionamento os seguintes grupos de traballo:

  • Grupo Xeral de traballo, formado actualmente por 18 compañeiros/as
  • RPT e condicións de traballo
  • Revisión de nova normativa
  • Difusión e redes sociais
  • Negociación con administración e relación cos sindicatos
  • Administración e xestión de APENFOGA

 

FINS E OBXECTIVOS

-A representación e defensa dos intereses profesionais das persoas asociadas ante a Administración Pública e a colaboración con esta, a efectos de determinalas condicións máis axeitadas para a prestación dos seus servizos.

-A organización de cursos e conferencias, a edición de publicacións, individualmente ou en coedición con outras persoas ou entidades e, en xeral, a promoción e a realización de calquera actividade que busque a mellora da formación profesional dos seus membros.

-O fomento e defensa dos intereses profesionais e sociais das/os enxeñeiras/os forestais da Xunta de Galicia.

-O fomento da solidariedade, comunicación e relacións entre as persoas asociadas, mediante a axeitada información e intercomunicación.

– A tarefa de velar polo prestixio da profesión de Enxeñería Forestal, da súa vocación pública,  e pola maior eficacia no desenvolvemento das nosas funcións.

 

Promovelo espírito de servizo á sociedade que implica o exercicio

da Función Pública.

 

QUE FACEMOS

As enxeñeiras e os enxeñeiros forestais da Xunta de Galicia formámonos profesionalmente para ser capaces, mediante tecnoloxía e recursos, de levar á práctica conceptos científicos relacionados co mundo forestal e o medio ambiente.

Temos como misión principal xestionar o territorio forestal de Galicia dunha maneira sostible, velando pola súa protección e aplicando instrumentos que permitan facer un uso dos montes e dos seus recursos sen que a persistencia dos mesmos se vexa comprometida agora e no futuro.

O noso traballo dentro da administración forestal esténdese a varios campos como son a prevención de incendios forestais, a extinción de incendios forestais, a xestión de montes públicos, investigación, formación, educación ambiental, protección fronte a pragas e enfermidades, conservación de especies ameazadas e de espazos protexidos, ordenación forestal, ordenación cinexética e piscícola, restauración hidrolóxico-forestal, etc.

 

ÁMBITOS DE TRABALLO

XESTIÓN DE MONTES

XESTIÓN DE MONTES

 

 

PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

MEDIO AMBIENTE

MEDIO AMBIENTE

FORMACIÓN

FORMACIÓN

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

DIVULGACIÓN E EXTENSIÓN FORESTAL

DIVULGACIÓN E EXTENSIÓN FORESTAL

 

 

E ademáis:

Valoración de fincas rùsticas e edificacións no rural, valoracións, taxacións, estudos de mercado para o xurado de expropiacións e para a atriga Catastro, etc.

 

ONDE PODES ESTUDAR ENXENERÍA FORESTAL?

Grao en Enxenería Forestal e do Medio Natural e Máster Universitario en Enxenería de Montes

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑERÍA DE LUGO

Grao en Enxniería Forestal e do Medio Natural

UNIVERSIDADE DE VIGO, CAMPUS DE  PONTEVEDRA